21 mar 2013

O LUGO É BENVIDO

Actualidade

O C.D. Lugo ten que recurrir aos campos de Abegondo para poder adestrar en condicións optimas.

O CD Lugo entrenará no "Mundo do Fútbol" por un tempo
O Club Deportivo Lugo buscaba por 6ª vez nesta tempada un campo en condicións onde entrenar. Tras probar en campos máis ou menos próximos á cidade de Lugo polo pésimo estado das instalacións onde deberían entrenar, o club lucense tivo que recurrir aos campos de Abegondo.

Os xogadores queixanse de que a Xunta non lles axuda, pero están moi agradecidos ao Depor, pois cedeulles o campo para adestrar.
O Lugo, 13º na Liga Adelante, e que conta no seu plantel con ex blanquiazuis como Pita, Pablo Álvarez ou Iván Pérez, é benvido polos deportivistas.

Na miña opinión, sería tamén unha boa forma de adestrar, xa que se ambas partes o propuxeran, estaría moi ben uns partidillos entre ambos clubes para preparar os partidos, afecionados non ían faltar á cita...

Con todo, isto sería temporal, aínda que dada a ineficacia da Xunta ou de calquera institución oficial para arranxar o problema uqen sabe canto podería durar a cousa...

Iso sí, o clube entrenado por Quique Setién será benvido polos afecionados coruñeses como debe ser. Pola miña parte, os máis cálidos desexos de que o Lugo permaneza en Segunda por moito tempo e oxalá tivesen a opción de poder ascender pronto a Primeira

"La vida es blanquiazul" desexa ao Lugo todo o bó que lle poda pasar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario