Fabril
O filial deportivista, que gañou na tarde donte por 4-1 ao Somozas, mantense por unha semana máis en postos de play-off na 3ª posición.
Non foi rival o Somozas para o Fabril, que lle endosou 4 goles nun partido disputado ás 17:00 nos campos de fútbol de Abegondo. Os goles de Víctor (2), Romay e Alex Pérez, antigo compañeiro meu no instituto. Todo isto nun partido marcado pola ausencia de Luis en ataque, principal goleador do filial deportivista con 14 dianas.
O Fabril comezou forte, pero pese aos continuos ataques non chegaba claramente á area rival. A 10 minutos do descanso, Víctor anotaba o primeiro gol.
Tras o descanso, o propio Víctor anotaba o segundo gol do partido. O Fabril saiu incisivo e pouco despois Romay, o mellor do partido xunto con Teles, anotou un fermosísimo gol dende a frontal da área.
Paulo Teles foi un dos xogadores máis destacados do partido |
Valoracións:
Marc Martínez: 6
Vela: 6
Uxío: 7
Insua: 7
Adrián: 6
Sibide: 7
Teles: 8
Lemos: 6
Romay: 8
Cano: 6
Víctor: 7
Alex Pérez: 6
Iván González: 5
Ángel: s.c
O Fabril mostrou gran seguridade en defensa e moito perigo en ataque, por este motivo as valoracións están todas entre 6 e 8 na súa maioría.
Deste Fabril eu destacaría 3 nomes por riba do resto: Insua, Teles e Romay. O primeiro por ser o eixo defensivo, o 2º por dirixir a todo o equipo e ao último pola súa calidade no ataque. Calquera dos tres podería ter un oco no equipo no ano que ven entre outros. Insua, incluso xa participou en 4 partidos nesta temporada co primeiro equipo.
Tamén destacaría o traballo e a brega de Sibidé. O mediocentro abarcou e controlou moi ben a súa zona e tamén a defensa cando xogou de central. Por outro lado, destacaría a banda destra formada por Vela e Lemos, moi incisivos ambos no ataque.
O Fabril debe manterse en play-offs ata o final de temporada, e de momento parece que o obxectivo pode ser cumprido con solvencia. Esperemos que así sexa.
Si temos en conta de que os xogadores que viñeron cedidos dende Portugal este ano,e dicir,Roderick,Pinto,etc,etc,serian suplentes inclusive no Fabril,e de supoñer que o ano que ven-a saber en què Divisiòn militaremos-a plantilla do Fabril-calqueira de eles-debe ser a que defenda o Deportivo na Divisiòn que nos toque militar.Non teño ningunha dùbida de que os Teles,Sidibè,Insua,Lemos,Luis,Bicho,Juan Carlos,Dereck.Àlex Pèrez,Ramos,etc,deben ser os compoñentes da primeira plantilla o vindeiro ano.
ResponderEliminar