Análisis
Do mesmo modo que na 1ª volta, preséntovos as estatísticas individuais tanto do Depor como do Lugo. Esperamos que vos sirvan para saber quenes son os xogadores máis importantes en todolos aspectos, así como os máximos goleadores, os xogadores máis decisivos no último pase, apercibidos, etc.
Benvidos á 2ª parte de "O Noso Derbi"!!!!
Goleadores:
Borja Bastón e Rennella son os máximos goleadores de ambos os dous conxuntos. Por detrás un gran número de segundos nomes, como Toché ou Pablo Sánchez, complementan os números dos primeiros. Presentamos aos 4 máximos anotadores de cada equipo:
Depor: 41-------------------------------------------Lugo: 37
Borja Bastón: 9------------------------------------Rennella:11
Luis Fernández: 5---------------------------------Pablo Sánchez: 5
Juan Domínguez: 4--------------------------------Sandaza: 5
Toché: 4----------------------------------------------Iago Díaz: 3
Máximos Asistentes:
No Depor hai un total de 29 asistencias repartidas entre 11 xogadores, mentres que no Lugo hai 24 divididas entre o mesmo número de xogadores. Destacan os nomes de Luisinho por parte do Depor e Iván Pérez no Lugo.
Luisinho: 7-------------------------------------------------------------------------------------------------Iván Pérez: 6
Laure: 5----------------------------------------------------------------------------------Ernesto Gómez/Rennella: 3
Juan Carlos/ Antonio Núñez: 4-------------------------------------Manu/Á. Peña/P. Álvarez/P. Sánchez: 2
Apercibidos:
Cinco son os xogadores do Depor que poderían perderse o partido en Vitoria ante o Alavés. Por parte do Lugo, só 3 poderían faltar ao vindeiro choque. Os seguintes xogadores son os apercibidos de sanción por acumulación de tarxetas.
Luisinho/Laure/A. Bergantiños/Lopo/Sissoko-------------------Víctor Díaz/Á. Peña/Sandaza
Revulsivos favoritos:
Todos os adestradores teñen uns revulsivos favoritos no banquillo. No caso de Fernando Vázquez hai tres que destacan por riba do resto, do mesmo xeito que Setién tamén conta cos seus cambios predilectos. Destacan os canteiráns Luis Fdez e Iago Díaz.
Luis Fernández: 17-------------------------------------------------------------------------------------Iago Díaz: 18
Antonio Núñez: 12----------------------------------------------------------------------------------Rafa García: 13
Juan Carlos: 11-------------------------------------------------------------------------------------------Sandaza: 11
Minutos xogados:
Para terminar con estes datos individuais, presentovos a lista dos 5 xogadores que máis minutos teñen xogado en ambos equipos.
Juan Domínguez: 3041----------------------------------------------------------------------------------Manu: 3150
Insua: 2923-----------------------------------------------------------------------------------------------Seoane: 2961
Lux: 2829---------------------------------------------------------------------------------------------------Pavón: 2880
Laure: 2776---------------------------------------------------------------------------------------------------Pita: 2744
Bergantiños: 2737------------------------------------------------------------------------------Víctor Marco: 2519
Pese a que nun principio Depor e Lugo parecían abocados a pelexar polos postos de playoff de ascenso, o certo é que a competición lles reservou uns obxetivos máis claros que a agua. Aos lucenses obter a permanencia e poder estar na disputa dun utópico ascenso; aos courñeses ter a posibilidad de retornar á Primeira División un ano despois de ter descendido de categoría.
Agora, os dous sairán ao campo sabiendo que entran nunha conta atrás na que os erros custarán moi caros. Fernando Vázquez podería introducir a Bergantiños no once despois do descalabro ante a Ponferradina en Riazor. Setién manterá, o máis probable, a alineación dos últimos partidos a excepción dun contratempo.
Ademáis, non podemos pasar por alto unha das "loitas" con máis clase que pode ter lugar no Anxo Carro, o enfrentamento entre Sissoko e Pablo Sánchez por ver quen será máis decisivo para o seu equipo, así como o reencontro de Pita e Juan Domínguez. E como non, o cara a cara entre Rennella e Lux, que podería resultar determinante nun choque que se disputará ás 18:15 o sábado, e que será televisado pola Sexta.
Espérase un derbi no que impere a deportividade e, sobre todo, unha festa do futbol galego |
Agora, os dous sairán ao campo sabiendo que entran nunha conta atrás na que os erros custarán moi caros. Fernando Vázquez podería introducir a Bergantiños no once despois do descalabro ante a Ponferradina en Riazor. Setién manterá, o máis probable, a alineación dos últimos partidos a excepción dun contratempo.
Ademáis, non podemos pasar por alto unha das "loitas" con máis clase que pode ter lugar no Anxo Carro, o enfrentamento entre Sissoko e Pablo Sánchez por ver quen será máis decisivo para o seu equipo, así como o reencontro de Pita e Juan Domínguez. E como non, o cara a cara entre Rennella e Lux, que podería resultar determinante nun choque que se disputará ás 18:15 o sábado, e que será televisado pola Sexta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario