Crónica
O Depor realizou un baño de fútbol e humildade en Riazor ante un Celta incapaz de xerar perigo. A expulsión de Aspas por agresión marcou o partido. Resultado: 3-1
O noso derbi comezaba xa coas declaracións de Aspas tras perder o Celta ante o Madrid "Tentaremos poñer ao Depor cos dous pés en Segunda". Non aprendeu a lección o xogador de Moaña e outra vez tivo que tragar as súas propias palabras.
A afición deportivista preparou un fermosísimo mural co que recibir ao seu equipo e motivalo para un partido trascendental. Fernando Vázquez, namentres, inxeniou un esquema no que os laterais tiveron moita relevancia.
O Depor, con Juan Domínguez no lugar de Assunçao, dominou e apuntillou ao Celta. Un home foi clave para o milagre: Don Juan Carlos Valerón. O "eterno 21" deu dúas asistencias como as de anos atrás e volveu brillar con luz propia.
O derbi comezou entretido, e aos 9 minutos Valerón enviaba un centro moi medido que Riki controlou e sen deixar caer o balón, fusilou a portería defendida por Varas. Por 3ª vez nos últimos 4 derbis, Riki anotaba un gol antes dos 10 minutos.
Aspas foi expulsado por agredir a Marchena cun cabezazo |
E ao pouco, Aspas dáballe un cabezazo a Marchena e o árbitro expulsábao con cartón vermello directo.
A partires diso, a primeira parte enfriouse. E así chegouse ao descanso.
A segunda parte chegou con ánimos renovados para ambos equipos. E aínda que o Celta comezou a tentalo, foi o Depor quen a punto estivo de sentenzar o partido.
Riki, Bruno Gama e Pizzi volvían toliños aos defensas olívicos e, ao final, ningún dos tres foi o protagonista destacado, senón Silvio e, máis tarde, Salomão.O lateral rematou dende 35 metros cunha volea que acabou entrando por toda a escuadra. Riazor estalaba de xúbilo e os aficionados celestes presentes pechaban a boca mentres Pabellón Inferior cantáballes "¿¿Aspas onde está??"
Pouco a pouco o Depor seguía dominando e produciuse o cambio que sentenzaría o choque: Salomao entraba por Riki e na seguinte xogada Valerón envíalle un pase ao oco, Salomao vaise do porteiro e marca a porta baleira. Era o 3-0, e Riazor comezou a festexalo.
Nin sequera o gol do Celta, obra do coreano Park, importunou aos coruñeses. "É vigués o que non bote", "O que non baile é un celtarra" e incluso unha "Ola" que se comezou en Pabellón Inferior encheron Riazor de ledicia.
O segundo cambio do Depor foi a entrada de Alex Bergantiños por Valerón, que recibiu a ovacióin da súa vida. Sen maiores problemas, chegouse ao final do partido. O Depor comeza a vivir de novo, con 20 puntos, a 6 da salvación e a 3 do eterno rival co golaveraxe gañado.
Valoracións:
Aranzubía: 7
Manuel Pablo: 6
Aythami: 7
Marchena: 7
Silvio: 8
Abel Aguilar: 6
Juan Domínguez: 7
Bruno Gama: 5
Valerón: 9
Pizzi: 6
Riki: 8
Salomão: 7
Alez Bergantiños: 5
Corpo técnico: 9
Afción asistente: 10
Árbitro: 7
Votacións que, como vedes, superan todas o aprobado e incluso o notable.
Enquisa: A semana pasada pregunteivos se queriades a Insua no once inicial para o derbi. Pois ben, o 100% dos votantes dábades a vosa aceptación para que o canteirán xogase, algo que ao final non sucedeu.
Demotrase así, que a afición ten gañas de ver canteiráns que poidan trinufar no equipo.
Nesta semana a enquisa irá dirixida cara o derbi. A pregunta será a seguinte: ¿Parécevos que o once inicial do derbi debe continuar ou faríades cambios?
Grazas de antemán polas vosas votacións
No hay comentarios:
Publicar un comentario