#ONosoDerbi
Xa queda menos dunha semana para que dé comezo o derbi galego e qué mellor forma de ir entrando en materia que coñecendo aos principais protagonistas de cada equipo.
Tanto Deportivo como Celta comezaron a competición a un moi alto nivel e a pesares de que os coruñeses acumulen cinco partidos sen coñecer a victoria e os vigueses veñan de encaixar un 1-5 por parte do Valencia e na casa, o certo é que nos derbis tanto ten cómo chegues. Sen embargo, si se poden diferenciar os xogadores máis determinantes de ambos conxuntos.
Os líderes do equipo: Lucas Pérez Vs Nolito
O coruñés e o gaditano son os ídolos das súas afecións e os auténticos xogadores franquicia dos seus clubes e, ademáis, están igualados en canto a goles anotados: 7. De esos sete tantos, os de Lucas Pérez valéronlle ao Deportivo para conseguir 10 dos 15 puntos que suma ata agora o conxunto coruñés; mentres tanto, os de Nolito supuxeron para o Celta 13 de los 21 puntos acadados polo conxunto celeste.
Os actores secundarios: Luis Alberto vs Iago Aspas
O ex do Málaga convertiuse no mellor aliado de Lucas nas facetas ofensivas do Deportivo sendo tanto o segundo máximo goleador do equipo como un dos máximos asistentes do mesmo. Pola súa parte, Aspas atopou de novo en Vigo o que non tivo nin en Liverpool nin en Sevilla e que está a deixar entrever as cualidades do de moaña: confianza.
O terceiro dente do tridente: Fayçal vs Orellana
No caso do marroquí, o seu nivel neste inicio de tempada foi moi notable, convertíndose en indiscutible a carón de Lucas e Luis Alberto. Con dous goles e unha asistencia, ven de ser chamado por primeira vez coa selección de Marruecos. Pola contra, Orellana segue no nivel que o levou a ser peza chave do club vigués, algo no que contribuiu o seu bó entendemento con Nolito.
Os timoneis: Mosquera vs Augusto
O coruñés é outra das fichaxes que nada máis chegar impuxo a súa impronta no xogo dos de Riazor, e agora resulta case imposible pensar na medular coruñesa sen el dirixindo ao equipo. O mesmo ocorre con Augusto, xa que pese a que o arxentino chegou como interior ao Celta fai 4 anos, agora é o director nas ofensivas olívicas. O primeiro estivo a punto de estrearse ante o Levante como goleador blanquiazul mentres que o segundo conseguiu anotar o primeiro tanto da tempada na derrota por 1-5 do Celta ante o Valencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario