19 feb 2015

ANALIZANDO AO: CELTA DE VIGO

Previa

Tras a derrota no Bernabeu ante o Real Madrid, toca xogar o partido máis importante do ano, ese no que non só hai 3 puntos en xogo. O Depor recibirá en Riazor ao Celta de Vigo. Volve o derbi galego, volve #ONosoDerbi.


Cal é o seu obxectivo?
Os celestes manteñen a idea da primeira volta: non pasar apuros, pero mirando de esguello cara a parte alta da táboa. A mala xeira de 10 partidos sen gañar distanciounos de cotas maiores, pero tampouco están lonxe do 7º posto. Mantendo este nivel, os vigueses acadarán a salvación de manera holgada e poderán preocuparse se tentar ir a máis ou contentarse con salvarse e mantenerse na metade da táboa.

Mellor momento da tempada: Vitoria no Nou Camp
Foi o momento culmen dos olívicos, xusto antes de encadear 10 partidos sen gañar. Un gol de Larrivey a pase de Nolito supuxo a vitoria frente ao Barcelona no feudo culé, campo no que só gañara unha vez na súa historia, e que os afianzaba no 6º posto na táboa A partires de ahí, comezou a baixada sen freos dos de Berizzo.

Peor momento da tempada: O Xetafe desmonta aos celtiñas
Foi a última derrota dos celestes, nun campo que históricamente sempre se lle deu mal. Pese a que os vigueses se adiantaron no marcador cun gol de Charles, os locais empataron o choque cun gol de Álvaro e acabaron remontando o partido cun gol de Sarabia a piques de rematar o partido. O equipo estaba 12º, e con Berizzo sinalado pola grada. Malia todo, o conxunto celtiña xa parece ter olvidado ese longo bache.

Nomes propios

-O director: Krohn-Dehli. O danés é un dos grandes "culpables" da boa temporada que esta a realizar o Celta. Director do xogo, xa sexa como volante ou como xogador de banda, o danés é un xogador chave no esquema do "Toto". O seu futuro parece que será lonxe de Vigo. Vilarreal, Sevilla ou mesmo a Premier xa o están tanteando.

-A estrella: Nolito. Cando o teu equipo ten 23 tantos a favor e participaches en 15 deles, sabes que es unha peza máis que básica. Este é o caso de Nolito, que leva 8 goles e 7 asistencias de gol. O gaditano debutou incluso coa selección nesta tempada. Ao igual que o equipo, foi a menos durante os partidos nos que o equipo non daba arrincado, pero volve estar a pleno rendemento. A principal baza ofensiva do Celta.

-O goleador: Larrivey.
Encaixou perfectamente no sistema de Berizzo, sentou definitivamente a Charles e amosou un gran estado de forma durante a primeira volta. Un total de 7 goles e 2 asistencias na primeira volta fan prever que acadará os dobres díxitos de goles ao final de tempada.

-O "bluff": Pablo Hernández. O arxentino chegaba da mán de Berizzo, pero a súa aportación no conxunto celtiña está sendo ínfima. Contábase con que fóra un xogador determinante, capaz de marcar a diferenza nos partidos. De momento, está moi por debaixo do nivel do equipo. Anotou un gol ao Atlético no Calderón no empate por 2-2 da primeira volta e pouco máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario